28 oct 2010

A comer rosquillas.



















O xogo que máis nos gustou da festa de Samaín foi a caza das rosquillas, estas estaban colgadas dun fio e había que comelas sen usar as mans, era un pouco dificil, pero a recompensa valía a pena, estaban boísimas. Algún fixo algo de trampa, ou mellor, máxia, que hoxe é día de bruxas.

Hoxe é Samaín.

















Hoxe pola tarde celebramos no cole o Samaín, e este encheuse de bruxas, demos, vampiros, esqueletes, pantasmas... todo tipo de seres arrepiantes!.
Tivemos festa rachada, baile, xogos, concursos de cabazas e de disfraces...Pasámolo moi ben!

Chega o Samaín


















Ó longo de toda a semana estivemos a traballar moitísimo, para decorar a clase e a escola para a festa do Samaín.
Fixemos caretas de cabazas, pantasmas, morcegos,trouxemos cabazas decoradas ó cole... Quedounos TERRORIFICO!!!

26 oct 2010

Cumple de Brais e Alex.

















Hoxe celebramos o cumple de Brais e Alex. Foi unha mañá moi atarefada, preparamos os debuxos para os libros que lles regalamos, decoramos as coroas, tomamos a merendola, con torta incluida e, como en toda boa festa, bailamos e cantamos. Felicidades rapaces!!!.

O acquarium.


















O xoves pasado fomos ó acquarium do Grove. Alí vimos moitos tipos de peixes e animais mariños (sargos, meros, xurelos, atúns, morenas, estrelas de mar, camaróns...), pero o que máis nos gustou foi o tiburón e o peixe paiaso (Nemo), ademáis tivemos a oportunide de tocar un rodaballo.

18 oct 2010

Pequenos artistas.










Estos días estamos empezando a decorar o cole e a nosa aula non pode ser menos, por iso coloreamos entre todos unha cabaza enorme e estampamos as nosas mans, a modo de follas, para decorar o corcho da aula. Quedounos moi ben! Somos uns grades artistas!!!.

Manchitas










Este é Manchitas, a mascota de Saray, é un hamster con moi malas pulgas, estaba moi enfadado e agochouse no tubo da gaiola, conseguimos que saira del, para velo ben, soprandolle moi forte e unha vez que estivo fora chillounos todo o tempo. Come todo tipo de cereais, millo, pipas e cacahuetes, pero o que máis lle gusta é que non o moleste ninguén.

13 oct 2010

Máis mascotas










Os nenos de 4º de primaria seguen a traer as súas mascotas ó cole, e o pasado venres viñeron a ensinarnos outra, é unha coelliña de tres meses, que estaba un pouco nerviosa e non a puidemos sacar da xaula. Ten un nome un pouco curioso, chámase Sara Carbonero.

Unha tarde de pintura










Este xoves pola tarde estivemos a pintar un pouco, pero xa se sabe como son as cousas, ia ser co dedo e ó final rematamos metendo a man enteira,é unha tentación moi dificil de resistir!.
Pero non pasa nada, imos ó baño e lavamos as mans e xa está.

7 oct 2010

Carlos e a súa tartaruga.










Hoxe tivemos unha visita moi especial na clase, Carlos, un neno de 4º de de Primaria, veu a presentarnos a súa mascota, unha tartaruga, e contounos cousas dela.
Non soubemos como se chama porque na casa ten 4, e como son tan parecidas non as diferencia, agora xa ten moitos anos, cando a levaron para a casa era moi pequeniña, come gambas e vive nun estanque.

1 oct 2010

Xa estamos na escola.










As bolboretas laretas xa superamos o periodo de adaptación e vimos o cole moi contentas.
Xogamos no patio, na clase, pasámolo moi ben.