23 nov 2010

Paul Klee.



Hoxe estivemos traballando cun cadro do pintor Paul Klee, "Senecio". Antes de explicarlles de que se trataba estivemos falando do que lles parecía esa imaxe, as opinións foron variadas, algunhas delas son as seguintes:

NICOLÁS: Es el espejo de la bruja.
CLAUDIA: Es un círculo.
CANDELA: Es una cabeza de lunita, redonda como una pelotita.

NICOLÁS: Es una calabaza.
PROFE: ¿Por que?.
CANDELA: Porque es naranja.

MARIO: Está hecho con pintura.
CANDELA: Parece un árbol redondito, los árboles también son redondos y las castañas.


Despois de moito falar puxemonos mans a obra, e pintamos como o facía Paul Klee, aqui podedes ver as nosas obras.


18 nov 2010

O magosto.














Hoxe celebramos o magosto, e como en toda festa non faltou a música, o baile e a comida, que, non podendo ser doutro xeito, foron as castañas asadas, e froitos do outono que os nen@s trouxeron da súa casa, e logo para rematar máis baile e xogos.

17 nov 2010

O mar.


Hoxe estivemos xogando ós exploradores, cando saimos ó recreo escoitamos un ruido moi raro e fomos polo patio para averiguar de que se trataba. Resulta que era o mar, facía aire e as ondas batían con moita forza. Foi todo un descubrimento, xa que non sabiamos que tiñamos o mar tan cerca.

15 nov 2010

Preparamos o magosto.











O vindeiro xoves imos celebrar no cole o magosto, e estamos preparando unhas bolsiñas para coller as castañas. Aproveitando isto estamos aprendendo moitas cousas do outono, froitos típicos, festas, cantigas, poesías...

8 nov 2010

Decoramos o cole.




















Estes días no cole andamos moi ocupad@s, temos a exposición do V concurso de plástica "Que baile o tropo", na que se poden ver os diferentes traballos que fixeron os colexios de Sanxenxo sobre as buxainas. Nós fixemos un trompo xigante, que nos quedou moi bonito.
Ademáis estamos a decorar o corcho da entrada do cole,cada ciclo encargarase dun mes, a infantil tocounos setembro, que adicamos á "Volta ó cole".
E seguindo coa decoración do outono, fixemos unha leira de millo, con espantallo e todo.