Acaba de comezar o mes de maio e, para celebralo, estivemos preparando no cole un maio con papel pinocho e debuxos coloreados polos nenos/as, algún ata se animou a meterse dentro del para axudar a montalo.
Estas son algunhas das fotos da festa de entroido do cole, como xa sabedes iamos difrazados de vagalumes, ou lucecús, un amimaliño moi singular que vive nos nosos bosques, temática a que adicamos este curso o entroido. E como a festa nos gusta moito, o xoves tamén viñemos disfrazados á escola, tiñamos de todo, princesas, leóns, policias, bruxas, homes do lume...
O mandadiño que tiñamos hoxe dicía: Se con bo pe queres entrar, neste cole tan especial, con zapatos diferentes, o mércores tes que chegar. E como podedes ver, somos moi obedientes, e ahí están os nosos zapatos, a ver se sabedes de quen é cada un. Pero como a troula nos gusta moito, estivemos facendo unha diadema de indio/a, para levar para a casa, e por suposto tamén nos pintamos un pouco,e mañá, máis.
Aquí vedes o guapísimos que estabamos hoxe no noso primeiro festival de Nadal, si!, somos os oito ananiños de Branca de Neve. Despois de tanto traballar agora tócanos descansar un pouco e desfrutar do Nadal. Boas vacacións.
Hoxe celebramos o magosto, e como en toda festa non faltou a música, o baile e a comida, que, non podendo ser doutro xeito, foron as castañas asadas, e froitos do outono que os nen@s trouxeron da súa casa, e logo para rematar máis baile e xogos.
O vindeiro xoves imos celebrar no cole o magosto, e estamos preparando unhas bolsiñas para coller as castañas. Aproveitando isto estamos aprendendo moitas cousas do outono, froitos típicos, festas, cantigas, poesías...
O xogo que máis nos gustou da festa de Samaín foi a caza das rosquillas, estas estaban colgadas dun fio e había que comelas sen usar as mans, era un pouco dificil, pero a recompensa valía a pena, estaban boísimas. Algún fixo algo de trampa, ou mellor, máxia, que hoxe é día de bruxas.
Hoxe pola tarde celebramos no cole o Samaín, e este encheuse de bruxas, demos, vampiros, esqueletes, pantasmas... todo tipo de seres arrepiantes!. Tivemos festa rachada, baile, xogos, concursos de cabazas e de disfraces...Pasámolo moi ben!
Ó longo de toda a semana estivemos a traballar moitísimo, para decorar a clase e a escola para a festa do Samaín. Fixemos caretas de cabazas, pantasmas, morcegos,trouxemos cabazas decoradas ó cole... Quedounos TERRORIFICO!!!
A Candeloria, día dos namorados en Galicia
-
Hai un refrán que dí *"Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila
galiñola"*.
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febrei...
Entroido 2012
-
Como todos os anos celebramos a festa do entroido. Despois da festa,
tivemos unha merenda e baile...
Xa estamos a esperar o do próximo ano :))