31 ene 2011

Celebramos o Día da paz.

















Hoxe celebramos no cole o Día da paz, para elo todo o colexio fixemos unha "Marcha pola paz", que consistiu nun paseo pola Lanzada, escribir a palabra paz con area, ler un "manifesto" e cantar unha canción todos xuntos.

25 ene 2011

Que estamos facendo?.

























Levamos unha semana na que estamos facendo moitas cousas, fomos a un taller de pop up, estamos preparando as cousiñas para o día da paz, os nenos/as de 6º léronnos un conto no recreo, e a partir de agora vano a facer cada recreo dos mércores, estamos aprendendo cousas do Polo Norte e os seres que viven nel (esquimós, osos polares, pingüíns...), se tedes pola casa algo relacionado con este tema (contos, libros, revistas...) podedes traelo o cole para que o vexamos todos.

11 ene 2011

Os agasallos dos Reis Magos.









Hoxe trouxemos ó cole algúns dos agasallos que nos deixaron os Reis Magos, e estivemos xogando con eles. Había instrumentos musicais, coches, autobuses, motos, bonecas, sets de perruquería, foi unha boa oportunidade para compartir algo propio cos demáis.