30 mar 2011

Xornadas de Educación Vial.

























Estes días están polo cole dous policias locais de Sanxenxo dándonos unhas nocións básicas de educación vial, e como xa sabemos moito hoxe tivemos unha clase práctica nun circuito preparado para a ocasión. O semáforo respetámolo moi ben, pero cas sinais de tráfico imos ter que seguir practicando na casa, porque temos máis dificultades.

22 mar 2011

As abellas.


Chega a primavera e con ela empezan a aparecer animaliños que ata o de agora andaban algo agochados, entre eles as abellas, por iso aproveitamos esta situación para aprender cousiñas delas, e en esas estamos. Nas fotos temos algúns dos traballiños que estamos facendo, pero como para aprender ben as cousas hai que vivilas, para rematar o proxecto, imos ir de excursión a Apípolis, a convertirnos en auténticos apicultores.

15 mar 2011

Entroido no colexio




Estas son algunhas das fotos da festa de entroido do cole, como xa sabedes iamos difrazados de vagalumes, ou lucecús, un amimaliño moi singular que vive nos nosos bosques, temática a que adicamos este curso o entroido. E como a festa nos gusta moito, o xoves tamén viñemos disfrazados á escola, tiñamos de todo, princesas, leóns, policias, bruxas, homes do lume...

2 mar 2011

Mercores de Entroido.


O mandadiño que tiñamos hoxe dicía:
Se con bo pe queres entrar,
neste cole tan especial,
con zapatos diferentes,
o mércores tes que chegar.
E como podedes ver, somos moi obedientes, e ahí están os nosos zapatos, a ver se sabedes de quen é cada un.
Pero como a troula nos gusta moito, estivemos facendo unha diadema de indio/a, para levar para a casa, e por suposto tamén nos pintamos un pouco,e mañá, máis.

1 mar 2011

Martes de Entroido.


Cada vez está máis preto o entroido, e nós para recibilo como se merece, estamos cumprindo ó pé da letra o seu mandadiño, o de hoxe estaba claro:
Martes...
A festa ainda agarda,
a ver quen nos amosa
a súa máis belida garganta.
E para mañá, xa sabedes, tocan os zapatos cambiados.