Mostrando entradas con la etiqueta Saidas.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saidas.. Mostrar todas las entradas

15 jun 2011

Xardín Botánico de Lourizán.

















Hoxe, para ir rematando o curso, fomos de excursión ó Xardín Botánico de Lourizán, e malia ameaza de chuvia, ó final puidemos percorrelos, observando algunhas das especies de árbores que nel habitan, as covas, os xogos de auga, o invernadoiro...

23 feb 2011

Cambados.

























Hoxe foi un gran día, fomos de excursión a Cambados, e iso de sair do cole é algo que nos gusta moito. Primeiro estivemos no Museo Casa do Pescador, alí ensinaronnos os aparellos que empregaban antes, e algúns dos que seguen a usar na actualidade, os pescadores e mariscadoras das nosas rías. Despois fomos dar un paseo polo barrio dos pescadores,donde fomos ata a Torre de San Sadurniño, e puidemos ver as mariscadoras que se dirixían ó seu traballo.Tamén vimos algo que xa non é moi frecuente nos nosos días, unha señora lavando a roupa no lavadoiro, e por último fomos a xogar un pouquiño a un parque que había por alí.

26 oct 2010

O acquarium.


















O xoves pasado fomos ó acquarium do Grove. Alí vimos moitos tipos de peixes e animais mariños (sargos, meros, xurelos, atúns, morenas, estrelas de mar, camaróns...), pero o que máis nos gustou foi o tiburón e o peixe paiaso (Nemo), ademáis tivemos a oportunide de tocar un rodaballo.