22 dic 2010

Os sete ananiños.



Aquí vedes o guapísimos que estabamos hoxe no noso primeiro festival de Nadal, si!, somos os oito ananiños de Branca de Neve. Despois de tanto traballar agora tócanos descansar un pouco e desfrutar do Nadal. Boas vacacións.

21 dic 2010

BO NADAL!



Dende a clase das Bolboretas Laretas queremos desexarvos a todos un Bo Nadal e feliz aninovo, e que Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de regalos.
Vémonos en xaneiro e esperámosvos mañá (mércores)as 11h, para a estrea mundial de "Branca de neve e os sete ananiños".

14 dic 2010

Chega o Nadal.

















Despois de tanto tempo, estamos aquí de novo, levamos unhos días moi atarefados, porque xa estamos no Nadal e tivemos que decorar os corredores do cole, a aula, os ensaios para o festival...e algunha que outra sorpresa máis.
No blog "Cando o mar peta na porta", podédes ver como está de engalanado o cole, por certo, moitas grazas ós papás e mamás que nos axudaron cos adornos do corredor.