9 jun 2011

As Bolboretas.


Esta semana, despois dunha longa espera, por fin puidemos ver as nosas bolboretas, o luns tiñamos unha, o martes outra, pero a terceira non acaba de rematar o seu proceso de metamorfose... Vimos como eran os vermes, como e que comían, como se envolveron no seu casulo e agora vemos as bolboretas, os seus ovos, os seus movementos... Sen dúbida unha pequena-gran experiencia.

1 jun 2011

Unha eiruga moi larpeira.



Como sabedes temos na aula uns vermes de seda e estamos esperando a que saian do seu casulo convertidos en bolboretas, e mentres tanto estamos traballando co conto "Unha eiruga moi larpeira",do escritor Eric Carle, unha eiruga a que lle pasa o mesmo que ós nosos vermes de seda. Se premedes na palabra video podedes ver o conto en formato video,está en inglés, pero entendese perfectamete e se premedes en lim iredes a un xogo lim elaborado por unha profe do CEIP Ría de Vigo.

23 may 2011

Dia das Letras Galegas.


A semana pasada celebramos na escola a semana das Letras Galegas, adicada nesta ocasión a Lois Pereiro. O venres fixemoslle unha pequena homenaxe ó autor, na que os nenos/as de infantil lle cantamos ó maio que previamente fixéramos con papel.
Espértate maio,
que tanto durmiches,
pasou o inverno
e non o sentiches.
O maio maiado,
o maio do amor...

18 may 2011

Vermes de seda.










O xoves da semana pasada volveu, das súas longas vacacións, a nosa amiga a bolboreta Rita, pero viña con acompañantes, trouxo consigo a tres vermiños de seda, díxonos que son moi larpeiros, que están todo o día comendo follas de moreira, e non nos enganaba, o xoves xa eran grandes pero hoxe pola mañá érano moito máis e xa non lles quedaba comida, ademáis faltábanos un, miramos e miramos pola caixa e non o viamos por ningún lado, ata que nos demos conta de que había un pequeno casulo de cor amarelo, no que fixandonos ven vimos que estaba o verme que nos faltaba (á última hora da mañá xa non se vía nada). Quédannos uns cantos días para ir observando que lle pasa a este e ós outro vermiños.

3 may 2011

Lim clase de 3 anos.

O maio.

















Acaba de comezar o mes de maio e, para celebralo, estivemos preparando no cole un maio con papel pinocho e debuxos coloreados polos nenos/as, algún ata se animou a meterse dentro del para axudar a montalo.

2 may 2011

Esculpindo Galiza.
















A asociación cultural ANDARELA organiza un concurso, "Esculpindo Galiza", con motivo da celebración do día das Letras Galegas, e todo o ciclo de Educación Infantil decidimos participar facendo unha maqueta da praia da Lanzada con plastilina. A nós tocounos preparar a base, nas fotos podedes ver como traballamos e o resultado final. O 17 de maio saberemos quen son os gañadores, pero como o importante é participar, todos recibiremos un diploma por colaborar nesta actividade.

11 abr 2011

O planetario.










O xoves tivemos no cole un planetario móvil no que puidemos ver os diferentes astros que hai no noso ceo(estrelas, planetas, satélites), a duración do día e a noite, o paso das estación... presentado de xeito sinxelo e atractivo para os máis pequenos.

30 mar 2011

Xornadas de Educación Vial.

























Estes días están polo cole dous policias locais de Sanxenxo dándonos unhas nocións básicas de educación vial, e como xa sabemos moito hoxe tivemos unha clase práctica nun circuito preparado para a ocasión. O semáforo respetámolo moi ben, pero cas sinais de tráfico imos ter que seguir practicando na casa, porque temos máis dificultades.

22 mar 2011

As abellas.


Chega a primavera e con ela empezan a aparecer animaliños que ata o de agora andaban algo agochados, entre eles as abellas, por iso aproveitamos esta situación para aprender cousiñas delas, e en esas estamos. Nas fotos temos algúns dos traballiños que estamos facendo, pero como para aprender ben as cousas hai que vivilas, para rematar o proxecto, imos ir de excursión a Apípolis, a convertirnos en auténticos apicultores.

15 mar 2011

Entroido no colexio




Estas son algunhas das fotos da festa de entroido do cole, como xa sabedes iamos difrazados de vagalumes, ou lucecús, un amimaliño moi singular que vive nos nosos bosques, temática a que adicamos este curso o entroido. E como a festa nos gusta moito, o xoves tamén viñemos disfrazados á escola, tiñamos de todo, princesas, leóns, policias, bruxas, homes do lume...

2 mar 2011

Mercores de Entroido.


O mandadiño que tiñamos hoxe dicía:
Se con bo pe queres entrar,
neste cole tan especial,
con zapatos diferentes,
o mércores tes que chegar.
E como podedes ver, somos moi obedientes, e ahí están os nosos zapatos, a ver se sabedes de quen é cada un.
Pero como a troula nos gusta moito, estivemos facendo unha diadema de indio/a, para levar para a casa, e por suposto tamén nos pintamos un pouco,e mañá, máis.

1 mar 2011

Martes de Entroido.


Cada vez está máis preto o entroido, e nós para recibilo como se merece, estamos cumprindo ó pé da letra o seu mandadiño, o de hoxe estaba claro:
Martes...
A festa ainda agarda,
a ver quen nos amosa
a súa máis belida garganta.
E para mañá, xa sabedes, tocan os zapatos cambiados.

28 feb 2011

Luns de Entroido.



Recorda, recorda,
o entroido está á porta.
Trae na cabeza o que che peta.
Chapeu, pañoleta ou morrión,
non facemos distinción.

23 feb 2011

Cambados.

























Hoxe foi un gran día, fomos de excursión a Cambados, e iso de sair do cole é algo que nos gusta moito. Primeiro estivemos no Museo Casa do Pescador, alí ensinaronnos os aparellos que empregaban antes, e algúns dos que seguen a usar na actualidade, os pescadores e mariscadoras das nosas rías. Despois fomos dar un paseo polo barrio dos pescadores,donde fomos ata a Torre de San Sadurniño, e puidemos ver as mariscadoras que se dirixían ó seu traballo.Tamén vimos algo que xa non é moi frecuente nos nosos días, unha señora lavando a roupa no lavadoiro, e por último fomos a xogar un pouquiño a un parque que había por alí.

17 feb 2011

E ó final durmiu!









Despois de moitas tardes tentándoo o sono, ó final esta foi a vencida e Alex quedouse durmido, para que estivese ben agusto preparámoslle unha cama moi confortable e estivemos moi caladiños, vixiando o seu doce sono.

15 feb 2011

A pizarra máxica.









Dende o pasado venres temos na aula unha pizarra moi especial, nela podemos facer moitas cousas, actividades, ver películas, escoitar música, xogar... Dende logo vai ser un instrumento moi interesante e atractivo, tanto para os nenos/as como para os mestres/as.

31 ene 2011

Celebramos o Día da paz.

















Hoxe celebramos no cole o Día da paz, para elo todo o colexio fixemos unha "Marcha pola paz", que consistiu nun paseo pola Lanzada, escribir a palabra paz con area, ler un "manifesto" e cantar unha canción todos xuntos.