8 nov 2010

Decoramos o cole.




















Estes días no cole andamos moi ocupad@s, temos a exposición do V concurso de plástica "Que baile o tropo", na que se poden ver os diferentes traballos que fixeron os colexios de Sanxenxo sobre as buxainas. Nós fixemos un trompo xigante, que nos quedou moi bonito.
Ademáis estamos a decorar o corcho da entrada do cole,cada ciclo encargarase dun mes, a infantil tocounos setembro, que adicamos á "Volta ó cole".
E seguindo coa decoración do outono, fixemos unha leira de millo, con espantallo e todo.