22 jun 2011

Chegan as vacacións.

















Un ano máis chegan as vacacións de verán e con elas o momento de despedir o curso, e fixémolo como se merece, bailamos, cantamos, merendamos e ata tivemos entrega de orlas (so os/as de 5 anos) e diplomas.
Agora é tempo de xogar, de ir a praia, de durmir pola mañá... pero tamén é tempo de despedidas, ou mellor, de dicir ata sempre. Comeza unha nova etapa,unha nova aventura, para vos e para min e só bos podo dicir que vos lembrarei sempre. Grazas por este tempo que pasamos xuntos, e grazas tamén as familias e ós meus compañeiros/as, por poder contar sempre con vos. ATA SEMPRE!